Enviado por esquio o día 26.02.2008
Lámbeme a ría de Vigo. Pousa o bico da túa lingua viva no Morrazo e recítame as 500 páxinas do Sempre. Penétrame polas Portelas e mórdeme en cada cume do Xistral. Déitame na bandeira, aberta de pernas e brazos, eu toda vermella e trebéllame, meu patriota, enriba do branco e azul. Dame a volta e fódeme coma unha cadela, no camiño da isoghlosa diaghonal. Aghabea por min e agharda algho máis, que ainda non cheghei á independencia.