Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME SOBRE A GUERRA

Dende a invasión morreron 100.000 civís en Iraq

Son datos tirados da investigación que amosarían "estimacións conservadoras" sobre o número real de mortes acontecidas no país dende a invasión de Iraq en marzo do 2003. As cifras saen do estudio elaborado polo Instituto John Hopkins Bloomberg de Sanidade Pública e son feitos públicos esta semana pola revista The Lancet. A maior parte das vítimas foron mulleres e cativos e están relacionadas con actos violentos e operacións militares. "O imperialismo democrático conduciu a máis mortes, e non a menos", critica o director da publicación.

  • Poden ver a información e o editorial na web da revista (a subscrición é gratuíta)

  • - 08:24 29/10/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)