 
O sistema de bloques aplicado á información electoral nos medios públicos é rexeitado polo o Colexio de Xornalistas de Galicia.
Nunha iniciativa conxunta á beira do Col.legi de Periodistes de Catalunya e a Asociación da Prensa de Madrid, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, CPXG, considera que estabelecer criterios de propaganda electoral no tratamento das noticias "atenta contra os principios básicos do xornalismo e da información".   
  
  Na actualidade, a Xunta Electoral esixe que a orde de aparición e duración das informacións sobre cada un dos partidos que concorren ás eleccións sexa en función da súa representación. Desde o CPXG indican que a información "non pode estar sometida ós criterios de emisión de propaganda electoral" que determine a Xunta Electoral. "Iso impide que o xornalista poida exercer o seu papel de mediador, de responsábel da información", critican.   
  
  
  O documento completo na web do CPXG
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto