Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Actualmente hai 375

Os taxis amarelos de Nova York serán 'verdes' en 2012

Nos vindeiros cinco anos, os 13.000 vehículos con que conta a cidade deberanse adaptar as novas normas municipais sobre emisións contaminantes.

Redacción - 11:30 23/05/2007
Imaxe dun taxi neoiorquino

Imaxe dun taxi neoiorquino

A flota de taxis amarelos da cidade de Nova York estará formada integramente por vehículos híbridos en 2012, e todos os coches de aluguer existentes na cidade deberán cumprir o vindeiro ano as novas normas sobre emisións contaminantes, de acordo cos plans do alcalde da metrópole, Michael Bloomberg.

Actualmente existen en Nova York un total de 375 taxis equipados con sistemas híbridos, que combinan un motor eléctrico e outro de combustión, mentres que a flota total de taxis elévase a unhas 13.000 unidades.

Reducir as emisións nun 30% até 2030
Os plans do alcalde Bloomberg consisten en elevar a flota de taxis híbridos até un milleiro de vehículos en outubro de 2008, e seguir aumentando a implantación destes automóbiles ecolóxicos a un ritmo do 20% anual até 2012.

O cambio dos sistemas de propulsión da flota de taxis enmárcase no proxecto de sustentabilidade para a cidade de Nova York, que fixa como obxectivo reducir nun 30% as emisións de dióxido de carbono até 2030.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: