 
No domingo a praia coruñesa de Bastiagueiro encherase de atletas mollados nunha cita que se está consolidando como imprescindible no calendario galego.
O acuatlón, deporte cuxa base é a auga, consiste en percorrer primeiro unha distancia curta a correr, despois unha longa nadando e para terminar outra curta correndo outra vez. É unha disciplina ligada ao duatlón e ao triatlón, pero sen a distancia en bicicleta, algo complicada de facer na praia.
A carreira de Oleiros, o I Acuatlón Cidade da Coruña -que está organizada polo Clube de Duatlón Coruña coa colaboración do Concello de Oleiros e coa Federación Galega de Duatlón- comezará na praia de Bastiegueiro preto das dez da mañá, cun spring de 2 quilómetros e medio, seguida de 1 Qm. a nado para terminar con outros 2,5 Qm. de carreira. Os corredores van estar a primeira hora na praia, onde se realizarán os controis de material e participantes, e onde se estabelecerá a saída común.
Todos os que terminen a proba, con ou sen éxito, recibirán un agasallo pola súa participación e os dous corredores mellor clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto