 
 
O presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, ironizou co feito de que "un de León" apoie máis o galego que un de Pontevedra.
Antes xa fora o daquela voceiro de ERC no Congreso, Josep Lluís Carod-Rovira, e desta volta foi o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, quen puxo en evidencia as posicións do líder do PP, Mariano Rajoy, aproveitando a cuestión lingüística.   
  
  "Chama a atención que un presidente do goberno que é de León teña unha posición cara ao galego máis favorábel que a dun líder da oposición que é de Galiza. Isto si que é sorprendente", respondeu Zapatero fronte á interpelación de Mariano Rajoy.   
  
  "Celebro que apoie vostede que se poida estudar portugués nas escolas, pero como presidente do goberno español a súa primeira obriga sería garantir que os escolares puidesen estudar castelán no seu sistema educativo", afirmara anteriormente o líder do PP na súa quenda de palabra.   
  
  O cruce produciuse despois da intervención de Francisco Rodríguez, quen solicitara o compromiso do executivo para a recepción das televisións portuguesas en Galiza. Ao respecto, Zapatero falou de dificultades técnicas, xurídicas e económicas. No Open Vieiros poden ver tamén a análise que o Movimento Defesa da Língua fai do acontecido na Cámara baixa.   
  
  Na web AGalega.info poden ver o extracto dese momento do debate.   
  
  Hai dous anos, e durante un debate sobre o proxecto de reforma do Estatut catalán, Carod Rovira respondera en galego a un comentario anterior de Rajoy agradecéndolle aos populares que canto máis falaran do seu partido "máis sube en votos" a formación liderada por Carod. Poden escoitar aquí o audio.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto