 
A música galega será a protagonista este sábado do 'Celtic Connections', un dos festivais máis importantes dos dedicados á música celta.
Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón e Anxo Lorenzo subirán este sábado ao escenario do Old Fruitmarket, o vello mercado de Glasgow, para ofrecer un concerto que a organización do Celtic Connections denominou Galician Night. É un concerto moi agardado no festival, que comezará este mércores 16 e se desenvolverá até o 3 de febreiro, con máis de 250 actuacións en once escenarios. 
Na web do Celtic Connections fálase da "audacia" e do "talento" de Budiño, da "voz incandescente e extraordinaria" de Mercedes Peón e da súa habilidade para mesturar estilos tradicionais e modernas influencias, o mesmo que Anxo Lorenzo, do que se afirma que pertence á excitante nova xeración de músicos que non atopa barreiras na experimentación sobre a música tradicional e contemporánea". Anxo Lorenzo actuará tamén este venres ás sete e media da tarde
O concerto comezará ás nove e media da noite do sábado e será retransmitido en directo pola Celtic Music Radio.
 
						 
						 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto