 
Besbellinha e Ghanito convidan todos os blogueiros do país, os seus lectores e amigos a unha celebración con música de picadiscos.
 
											Cartel da festa / Flickr: Ghanito
Os blogueiros galegos teñen unha cita este venres á noite na Coruña. Desta volta non haberá, necesariamente, comida polo medio, senón que será unha festa no pub 14!, de Montealto. Chamarase "Beliscos do porco/Apocalipse pequeno", como unha combinación dos nomes das bitácoras dos dous organizadores: Besbellinha e Ghanito. 
Ao encontro están convidadas non só as persoas que teñan blog, senón tamén aos seus lectores, amigos e, en xeral, a todo o mundo que queira participar. A festa, que ten previsto comezar a iso das once da noite, contará coas actuacións de seis picadiscos, tamén con relación co blogomillo: Dj Mourente, Dj SK, Dj Helena, Dj Pezunhitas, Dj Common Boy e Dj Sak. Os organizadores anuncian que, ademais, haberá sorpresas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto