Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FOTOXORNALISMO

O pontevedrés Miguel Riopa, premio World Press Photo

O fotógrafo galego levou o segundo premio na categoría de deportes por unha imaxe tirada na Copa América de Vela.

Redacción - 17:30 08/02/2008

O World Press Photo, o certame máis importante do fotoxornalismo mundial, deu a coñecer este venres en Amsterdam os seus premiados. Entre eles está o fotógrafo pontevedrés Miguel Riopa, que se fixo co segundo premio na categoría de deportes por unha instantánea tirada na última Copa América de Vela para a axencia Frence Press.

Riopa obtivo en 2004 o premio Luis Ksado pola serie verde-vermello-verde, que retrataba os lumes forestais. O fotógrafo tamén fixo unha excelente cobertura dos lumes que asolaron Galiza no verán de 2006.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe coa que gañou o World Press Photo
Imaxe coa que gañou o World Press Photo
Fotografía gañadora do premio Luis Ksado
Fotografía gañadora do premio Luis Ksado