O seu presidente, Xosé Álvarez, subliña que os cambios fixéronse seguindo as indicacións do Consello de Contas.
O presidente de Sogama, Xosé Álvarez Díaz, explicou esta semana en Santiago que a empresa pública variou os métodos de contratación para darlle unha maior “transparencia” ás licitacións, tal e como lle pedía o Consello de Contas no informe de fiscalización doa no 2004. Álvarez Díaz destacou que dende finais do ano pasado incorporáronse órganos independentes, como as propias universidades galegas que velan pola obxectividade dos contratos.
O presidente de Sogama sinalou que á hora de contratar tamén se ten en conta cuestións que antes non puntuban como. Así terán máis opcións as empresas que empreguen materiais reciclábeis, enerxías rebovábeis ou etiquetas ecolóxicas que distingan os produtos.