Centos de donos de xornais do mundo enteiro reuníronse do 1 ao 4 de xuño en Gotemburgo (Suecia) para o 61 Congreso da Asociación Mundial de Xornais (WAN) e o Foro mundial de editores
Nun contexto marcado pola baixa da difusión e das rendas publicitarias, en particular, en Estados Unidos e Europa, os editores intentan construír novos modelos económicos para atenuar a disminución dos ingresos, o que non é sinxelo, diante dunha realidade: un fluxo continuo de información sobre a Internet, o móbil, o diario electrónico..., a innovación e a calidade seguen sendo o pulo da guerra.
A redefinición e a evolución dos xeitos de traballar nas redaccións estivo tamén presente nos debates dos editores.O desenvolvemento das comunidades, da web-tv... son as dominantes na rede.
En canto ao papel, foron presentadas varias pistas, en particular, polo gabinete de asesores Innovation,. que propón un prototipo de diario titulado 30/30, (30 segundos, 30 minutos), en formato compacto e cun deseño moi coidado.