Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS CONTIDOS TENDEN A SER DE BALDE

Bit by bit... o futuro dos medios de comunicación

En 10 anos todo o consumo de medios de comunicación farase a través de Internet considera a Steve Ballmer, dono de Microsoft

Redacción - 13:05 13/06/2008

Velaquí aquí a súa frase orixinal tal como a pronunciou diante dun grupo de Washington post.

"There will be no media consumption left in 10 years that is not delivered over an IP network".

Matiza un pouco dicindo que iso pasará se cadra en 14 ou en 8 anos. Pero atopa aberrante que a televisión na rede sexa interactiva mentres que sobre a pantalla clásica non o é. Iso non pode durar.

Un día máis tarde, o cronista Paul Krugman expoñía o problema dunha maneira máis moderada no New York Times.

Parte dun argumento formulado por Esther Dyson no 1994 segundo o cal o feito de que o contido dixital poida copiarse e transmitirse facilmente forzará ás empresas a ofrecelo de balde e a gañar diñeiro por outros medios... Iso equivale "a distribuír gratuitamente a propiedade intelectual para poder vender servizos e relacións", escribía, exactamente o que facía o grupo de rock Grateful Dead, que fomentaba a grabación dos seus concertos para vender camisetas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: