Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ATÉ O 10 DE XULLO

As paisaxes do Finisterrae, en Bruxelas

A exposición Land's End, no Comité das Rexións da UE, recolle pinturas realizadas nas costas de Galiza, Irlanda, Bretaña e Cornualles.

Redacción - 09:00 24/06/2008

O Comité das Rexións da UE, en Bruxelas, acolle dende o 24 de xuño e até o 10 de xullo unha exposición, 'Land's end - Terres d'infini', que recolle pinturas realizadas por Matthieu Dorval e textos escritos por Chloé Batissou nas costas de Galiza, Irlanda, Bretaña e Cornualles, catro nos que se sitúan os 'Finisterre' do continente. O pasado verán pintor e escritora percorreron a costa atlántica europea, nunha viaxe que inspirou este proxecto.

"Cargadas coa súa tripulación de percebeiros, aparecen de súpeto as barcas nunha nube de escuma..." Así comeza un dos textos que se expoñen xunto coas pinturas. Paisaxes da Illa de Ons, de Fisterra, Touriñán e Corrubedo, que dialogan coas illas Skellig e Blasket en Irlanda, Con Gwennap Head e Porthgwarra en Cornualles, ou con Brest, La Pointe de Penhir e Le Cap de la chèvre na Bretaña. Paisaxes semellantes entre si, mais únicas.

A exposición está organizada polo Consello Rexional de Bretaña e poderase visitar en Bruxelas do 24 de xuño ao 10 de xullo de 2008.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: