 
 
A Unión de Nacións Sudamericanas aproba unha declaración de apoio ao goberno de Bolivia e a creación dunha comisión que investigue o masacre de Pando.
 
											Unasur condenou o ataque violento dos grupos opositores
Os países membros da Unión de Nacións Sudamericanas (Unasur) acordaron este luns á noite en Santiago de Chile (madrugada en Galiza) unha declaración de nove puntos onde expresan o seu apoio estrito ao goberno do presidente de Bolivia, Evo Morales.
 
  Ademais, o documento contempla a creación dunha comisión que investigue a morte dunha trintena de persoas durante as protestas violentas dos opositores a Morales no Departamento de Pando. 
  Logo de seis horas de debates cos gobernantes de Arxentina, Brasil, Bolivia, Ecuador, Uruguai, Paraguai, Venezuela e o ministro de Exteriores de Perú, a presidenta de Chile, Michelle Bachelet, leu ante os medios a declaración subscrita por todos os mandatarios no Palacio da Moeda. 
A declaración de Unasur sinala que os presidentes membros expresan o amparo "pleno e decidido ao goberno constitucional do presidente Evo Morales", que foi "ratificado por unha ampla maioría" no recente referendo. 
  "Unasur, máis consolidado" 
"Advirten de que os seus respectivos gobernos rexeitan enerxicamente e non recoñecerán calquera situación que implique un intento de golpe civil, a ruptura da orde institucional ou que comprometa a integridade territorial da República de Bolivia". 
  E condenan o ataque a instalacións gobernamentais e á forza pública por parte de "grupos que buscan a desestabilización da democracia boliviana", exixindo a pronta devolución desas instalacións como condición para o inicio dun proceso de diálogo. 
Ao termo da lectura do documento, Bachelet declarou que "Unasur fica máis consolidado". "É importante ter opositores, mais una oposición con proposta. O que pasou nos últimos días é antidemocrático", afirmou pola súa banda Evo Morales.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto