Con cancións como 'Txoria Txori', 'Gure Hitzak', 'Haika mutil' ou 'Baga, biga, higa', converteuse nun dos máximos expoñentes da 'nova canción vasca'.
Mikel Laboa faleceu esta madrugada aos seus 74 anos. Deixa quince discos publicados, e temas clave no imaxinario social do seu país, como Txoria txori ou Baga, biga, higa. Laboa fira distinguido recentemente coa medalla de ouro de Gipuzkoa, máximo galardón que outorga a Deputación Foral, e que el mesmo pretendía recoller nunha cerimonia solemne prevista para o vindeiro 23 de decembro.
Durante os anos 60 fundou cana a outros artistas o grupo cultural Ez Dok Amairu, que procuraba unha revitalización da cultura vasca dende distintos eidos artísticos, facendo especial fincapié na recuperación e dignificación da lingua. Laboa converteuse, con Benito Lertxundi, no máximo expoñente da 'nova canción vasca'. O seu disco Bat-Hiru (1974) foi elixido 'mellor Disco Vasco da Historia' nunha votación popular do Diario Vasco. Txoria txori, a súa canción máis coñecida, chegou a ser interpretada por Joan Baez coa súa letra orixinal en euskera. entre as súas últimas actuacións destaca o Concerto pola Paz, celebrado en Donostia no verán de 2006, e no que Laboa exerceu de teloneiro de Bob Dylan.
A voceira do Goberno vasco e conselleira de Cultura, Miren Azkarate, declarou que o falecemento de Mikel Laboa é "unha gran perda para a cultura vasca" e anunciou a intención do Goberno vasco de se poñer en contacto co resto de institucións para realizar un acto de recoñecemento. El alcalde de Donostia, Odón Elorza, lamentou "de todo corazón" a morte de Laboa, a quen cualificou como "un artista profundamente innovador".