Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INVESTIGACIÓN ABERTA

Un xulgado coruñés imputa un alto cargo de Sogama polos continuos vertidos ao río Lengüelle

A Garda Civil considera que hai un foco de contaminación continuado no vertedoiro da Areosa.

Redacción - 14:00 17/12/2008

O macrovertedoiro da Areosa, no municipio de Cerceda, está no punto de mira da xustiza. O depósito, ao que chegan residuos procedente de todo o país dende hai máis de doce anos, pode ser a orixe dos continuos vertidos que afectan ao río Lengüelle e que o pasado mes de outubro mataron milleiros de troitas.

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) elaborou un informe por un posíbel delito ambiental. Agora un xulgado da Coruña abriu unha investigación. No caso está xa imputado o xefe da área técnica de Sogama e sete cargos de Danigal, empresa que ten a concesión para explotar o vertedoiro dende que se creou.

Unha guerra sen cuartel
Na virulenta guerra interna que se libra arredor de Sogama,o PPdeG aproveitou a noticia para criticar no Parlamento á Consellaría de Medio Ambiente e ao presidente da sociedade pública. Os conservadores consideran que non se está a velar pola seguridade ambiental na zona.

Fontes do Goberno consultadas por Vieiros consideran que a postura do PPdeG é “cínica” xa que eles foron os que crearon no seu momento o depósito de residuos. Porén, recoñecen que na Consellaría de Medio Ambiente hai “preocupación” polo que está a ocorrer en Cerceda.

Unha solución a longo prazo

O novo plan de residuos aprobado polo bipartito aposta pola descentralización. De feito, o anterior modelo centralizado acabou creando o macrovertedoiro da Areosa, xa que a planta de tratamento de Cerceda non é quen de tratar máis que unha parte do lixo que chega até as súas instalacións. Porén, a solución para a Areosa non vai vir a curto prazo. O plan da Xunta estará completado

Dende o colectivo ecoloxista Adega, Fins Eirexas lembroulle a Vieiros que o vertedoiro “incontrolado” da Areosa é dende hai moitos anos un dos máis graves problemas medioambientais de Galiza ao que hai que buscarlle remedio. Aínda que recoñece que o plan que quere poñer en marcha Medio Ambiente mellora o anterior, bota en falta un modelo máis descentralizado e camiñar cara un sistema de tratamento do lixo comarcalizado que desbote a incineración.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: