 
 
O presidente do PP español sinalou este venres que “non imos quedar quietos”.
O líder do PP español, Mariano Rajoy, lembrou este venres a Shakespeare   e o seu Hamlet. O político pontevedrés, referíndose ao concurso eólico, non dubidou en afirmar que “algo cheira a podre na Xunta de Galiza”.  O dirixente conservador sinalou que “non imos quedar quietos e imos facer canto estea nas nosas mans para que haxa transparencia e seguridade xurídica”.
Aproveitando as diverxencias entre socialistas e nacionalistas no reparto eólico, Rajoy acosou ao presidente galego, Emilio Pérez Touriño, de non asumir as súas responsabilidades. Para Rajoy o conflito no concurso eólico demostra que socialistas e nacionalistas se levan “coma o can e o gato”. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, afondou nas teses de Rajoy e dixo que “o bipartito remata como comezou: dividido”
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto