 
A sentenza coñecida este xoves avala a anterior do Supremo, impedindo que a esquerda abertzale poida ter voz nos comicios baixo as siglas de Acción Nacionalista Vasca (ANV).
O Tribunal Constitucional non ofreceu finalmente moita novidade ao respecto da anterior sentenza do Tribunal Supremo, avalando o proceso de ilegalización de ANV decidido por este tribunal o pasado mes de setembro.   
  
  Ás portas dos comicios en Euskadi, confírmase así o freo a esta formación política e a negativa ao recurso de amparo presentado por este partido contra a decisión que ordenaba o cesamento inmediato de toda a súa actividade e o embargo de todos os seus bens.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto