 
 
A lea pola certificación e pago dunha obra que a día de hoxe está sen rematar, chega á fin aos tribunais.
"Se damos por bo este proceder acabouse o procedemento administrativo, vale todo e convertémonos nunha república bananeira", laiouse este mércores Modesto Pose, secretario provincial do PSdeG, afirmando esperar que os tribunais "lle poñan couto a estas prácticas".   
  
  Anunciaban así os socialistas a presentación nos xulgados de Pontevedra dunha querela, anunciada xa a semana pasada, contra o actual conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. A querela está relacionada coa actividade de Hernández cando era director de Infraestruturas na Deputación de Pontevedra. De xeito concreto, e tal e como lles temos contado, a polémica xorde pola recepción, certificación e pagamento da obra da variante de Salvaterra no seu tramo de Lira, que aínda a día de hoxe está sen rematar.   
  
  Critica Pose que o conselleiro conte co apoio neste asunto da dirección do PPdeG e quéixase de que o líder do partido e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, "considera normal pagar unha obra sen que estea realizada".
 
						
									 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto