 
A cidade revive esta fin de semana o seu pasado romano nunha celebración que cada ano gaña en popularidade.
A Concellaría de Xuventude do Concello de Lugo agarda triplicar a poboación da cidade (perto de 100 mil habitantes) até este domingo, fin de semana do Arde Lucus, unha festa que revive o pasado romano da cidade e que cada ano vai gañando máis popularidade. 
  O departamento que dirixe a concelleira Rosana Rielo realizou os cálculos baseándose nas cifras de edicións anteriores. "Este ano non sabemos até onde pode chegar a festa", afirmou. A novena edición arrancou xa este venres á tarde coa inauguración do Macellum ou mercado e do campamento de forxadores. 
  Rielo fixo especial fincapé en que se interesaron por esta celebración xente de todo o país así como de Asturias, Almería, Madrid, Cataluña ou Cádiz. "De todos os puntos de España e tamén de Portugal e mesmo de Londres", agregou.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto