 
Recordan o tratado internacional sobre dereitos lingüísticos asinado polo goberno do PP e subliñan os eloxios do Consello ás galescolas.
O Congreso dos Deputados asinara no seu momento, por unanimidade, a adhesión do Estado Español á Carta Europea das Linguas Minorizadas, nun momento onde o presidente do goberno español era José María Aznar. Froito daquel chanzo avanzado realizouse a monitorización do nivel de aplicación das recomendacións estabelecidas nese documento.   
  
  E resultado do proceso son as afirmacións e recomendacións realizadas polo Consello de Europa. Dunha banda, a institución eloxiou o despregue da rede de galescolas e apoiou tamén o decreto do ensino en galego. Mais doutro lado tamén advertiu sobre a necesidade de máis medidas de promoción da lingua propia. Recordan desde a Mesa que, entre outros, o informe do Consello menciona que alén das "interesantes iniciativas emprendidas polas autoridades", o número de alumnas e alumnos que reciben educación escolar en galego segue sendo moi baixo".   
  
  Á luz dese traxecto andado, pregúntanse con retranca desde A Mesa pola Normalización Lingüística "se Aznar será máis galeguista que Feijoo", laiándose de que o Goberno presidido polo líder do PpdeG "está a vulnerar conscientemente este tratado internacional subscrito polo ex presidente español do seu partido".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto