Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE EN CENTROAMÉRICA

O goberno golpista hondureño anuncia a súa saída da OEA

A decisión prodúcese poucas horas despois de aque o secretario xeral deste organismo anunciase posibles sancións.

Redacción - 09:45 04/07/2009

Honduras vai darse de baixa da Organización de Estados Americanos (OEA). A número dous do goberno golpista, Marta Lorena Alvarado, anunciou este sábado que a retirada vai ser “inmediata” e relacionouna directamente coa condena que este organismo fixo do acontecido en Honduras.

O movemento do novo executivo hondureño ten lugar poucas horas despois de que o secretario xeral da OEA, José Miguel Insulza, anunciase que ía pedir a saída deste país do organismo por ter roto a orde constitucional.


2,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: