 
O secretario de Cidades e Política Municipal do PSOE e representante do PSOE na Mesa do Pacto de Antitransfuguismo, Antonio Hernando, cualificou de grave a estratexia do PP en Gondomar, Abegondo, Mos e Trives.
 
											Antonio Hernando
"Tan responsábeis son os concelleiros tránsfugas como os alcaldes do PP que se benefician da situación”, arrebolou este martes o responsábel de Política Municipal do PSOE, Antonio Hernando, quen visitou Galiza para denunciar a estratexia do PP nas recentes mocións de censura e responsabilizou o PP e o seu presidente en Galiza, Núñez Feijoo, de manter "unha estratexia deliberada, amparando e lexitimando o transfuguismo como un xeito de chegar ao goberno sen ter en conta o resultado das urnas".   
  
  "O que non dan as urnas non é lexítimo acadalo por medio do transfuguismo", insistiu Hernando, indicando que nestes casos "non vale calar, xa que si Feijoo quere, pode parar este atropelo á democracia e á cidadanía". Recordou o portavoz socialista que xa no veciño caso de Mos o PP "preferiu mirar para outro lado”. O PSOE esíxelle así ao PP que respecte o pacto antitransfuguismo,  adopte as medidas previstas neste documento e resolva expedientes disciplinarios, "expulsando estas persoas do partido", e garantindo que "non poidan formar parte das listas nas vindeiras eleccións".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto