 
 
Natalia Estemirova fora ameazada en varias ocasións polas súa investigación de violacións dos dereitos humanos e ameazouna reiteradas veces.
A organización rusa defensora dos dereitos humanos Memorial acusou o goberno prorruso de Chechenia de estar implicado no asasinato da activista Natalia Estemirova. O presidente checheno, Ramsan Kadirov, rexeitou esta acusación e asegurou que o asasinato é tamén un atentado contra a paz no país.
"Estou convencido de que o goberno da república federada de Chechenia está detrás deste asasinato", dixo o presidente de Memorial, Oleg Orlov. Kadirov criticou duramente no pasado o labor de Estemirova na investigación de violacións dos dereitos humanos, que recibiu ameazas en reiteradas veces.   
  A víctima, de 50 anos, foi secuestrada en Grozni por persoas descoñecidas na mañá do mércores. Horas máis tarde o seu cadáver apareceu con varios disparos na cabeza na veciña república caucásica de Ingushetia.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto