Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Perante a xunta directiva do PPdeG

Feijoo desenterrará o "bilingüismo harmónico" o 25 de xullo

O presidente da Xunta cre que a cidadanía apostou pola "unidade de España" e contra a "imposición lingüística" e apostará por un "galeguismo aberto".

Redacción - 18:45 19/07/2009

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, reivindicará o "bilingüismo harmónico" e apostará por un "galeguismo aberto e plural" o Día da Patria. De feito, amosarase partidario dun galeguismo que sexa "un manto que lle dea cabida a toda Galiza", rexeitando os que entenden ese sentimento como un "paraugas elitista".

Feijoo defenderá perante a xunta directiva do PPdeG unha tendencia "aberta á pluralidade" e que "non se peche en si mesma". Así, avogará por un galeguismo dentro dunha "España plural e unida". Segundo adiantou o partido nun comunicado, o tamén presidente do Goberno reivindicará o biligüismo como unha "realidade galega", pois no país "non se fala só en galego, tamén castelán".

Durante esa xunta, Feijoo lembrará as figuras de Xerardo Fernández Albor e de Ramón Piñeiro, como fundadores dunha "nova Galiza autónoma desde o respecto e a tolerancia propios dun país democrático". Tamén fará fincapé na democracia e na liberdade como "claves para comprender o galeguismo" e aludirá ás pasadas eleccións, en que a cidadanía "escolleu libremente o seu destino" e apostou por "non rexeitar formar parte de España" nin practicar a "imposición lingüística".


1,33/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: