 
A deputada socialista Mar Barcón pregúntalle a Feijoo "para que ten servido utilizar a lingua como elemento de división".
"O que non atopamos na enquisa é a resposta que ten que dar o Goberno sobre o idioma no ensino", puntualizaba este venres a voceira adxunta do grupo parlamentario do PsdeG, Mar Barcón. Na súa opinión, o desta xornada é un episodio máis da "historia dun despropósito que non vale para nada".  "Estamos na mesma situación que hai cen días, porque ou o presidente que meteu Galiza neste problema ou o conselleiro teñen que tomar unha decisión coa mesma responsabilidade que cando tomaron posesión, e igual que decidiron retirar os libros gratuítos para 130 mil familias galegas", afirmou.   
  
  "Que vai facer agora Feijoo coas promesas que sabía que non podía cumprir", interpelou a deputada socialista ao presidente da Xunta. Barcón acusa o presidente de autorizar con esta enquisa un instrumento "absurdo e mal xestionado, mal definido e mal executado e que non é válido como instrumento de consulta ou coñecemento". "Para que ten servido utilizar a lingua como elemento de división?", engadiu a representante do PSdeG.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto