 
 
Os nacionalistas consideran que hai poucos precedentes dun “atentado contra o pluralismo” destas características.
Dende a semana pasada a Radio Galega anunciaba unha entrevista co líder do PP español, Mariano Rajoy. Este martes, ás 9.30 da mañá, e durante media hora o xefe de informativos da radio pública conversou co político pontevedrés (que só se expresou en castelán) sobre política galega e estatal. 
A polémica estourou ao pouco de rematar a intervención. O BNG fixo público un comunicado no que acusa á emisora pública de poñerse a disposición de Génova. A deputada Ana Pontón subliñaba que o ocorrido era un dos maiores “atentados contra o pluralismo” da historia da Radio Galega. Segundo Pontón, non é de recibe “que se inaugure o curso político co líder da oposición en Madrid, mentres a oposición galega non goza do mesmo tratamento”.
Pontón anunciou que vai preguntar no Parlamento polo acontecido e acusou a Feijoo de aparcar a reclamación duns medios públicos plurais: “Esqueceuno rapidamente, fica demostrado que eran compromisos baleiros de contido para, realmente, exercer un control férreo dos medios para poñelos ao servizo do PP e da súa dirección en Madrid”.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto