Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA SÚA ASEMBLEA XERAL

As patronal eólica mostra o seu malestar pola suspensión do concurso

A EGA, que agrupa 22 compañías do sector, asegura que a decisión do novo Goberno “impedirá que Galiza recupere o liderado histórico que tivo no sector”.

Redacción - 09:00 09/09/2009

A Asociación Eólica de Galicia (EGA), no marco da súa asemble xeral, censurou a suspensión do concurso eólico que tiña resolto o bipartito e advertiu que a nova normativa que prepara o Goberno “impedirá que Galiza recupere o liderado histórico que tivo no sector”. Na xuntanza aprobaron un documento con alegacións ao novo proxecto da Xunta e expresaron a súa oposición ao canon autonómico que se quere impoñer.

Para a patronal, que agrupa 22 empresas eólicas, non hai volta de folla porque “en caso de ser ilegal, tería que ter sido revogado o decreto 242/2007, ao amparo do cal se convocou o concurso, pero non procede suspender o mesmo polo simple feito de que se vai preparar outra normativa”.

A EGA tamén aprobou a súa xunta directiva: Manuel Gago Rodríguez (Endesa); Xosé Carlos Codón (Eufer); Antonio Ferreiro (Acciona); Juan Barreiro (Gamesa); Xosé Luis Guerra (Easa); e Alberto Sánchez (Enerfin).


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: