 
 
Apunta varios responsábeis do porto deportivo, entre outros, o xerente da confraría que en 2004, cando era edil popular, "votou a favor" da obra.
A alcaldesa de Cangas, Clara Millán (BNG), acusou este sábado o PP de arbitrar unha "operación orquestrada", utilizando a polémica do porto deportivo de Massó, para derrubar o Goberno local.
  Millán sinalou que se trata dunha "operación orquestrada" polo PP, coa "colaboración inestimábel", dalgúns membros da confraría de pescadores, entre os que citou o seu xerente, David Fernández, que en 2004, cando era edil do PP de Cangas, "votou a favor do porto deportivo". 
Agora, apuntou ao respecto da protesta deste venres, "vai no barco do patrón maior pedindo a dimisión da alcaldesa, que entón votou en contra da obra e sempre estivo e estará" oposta á mesma.
Responsábeis da obra 
Para Clara Millán, os responsábeis de que se estea construíndo o porto son Xosé Henrique Sotelo, ex alcalde, e o grupo municipal do PP que en 2004 votou en favor do porto; tamén a Autoridade Portuaria de Vigo, ou o ex conselleiro de Pesca Henrique López Veiga, que informou favorabelmente da obra, así como o xerente da confraría. 
A alcaldesa sostén que o líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o seu partido "están a facer unha campaña de ataque sobre este Goberno e sobre o resto de concellos da área metropolitana que non son da súa cor co fin de desgastalos".
 
						
									 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto