 
 
O voceiro do PP galego, Antonio Rodríguez Miranda, xustifica que o seu partido só dará explicacións "se se concretan feitos".
 
											"Só daremos explicacións se se concretan feitos, pero mentres isto non aconteza, non hai nada de que falar", teimou este martes o voceiro do PPdeG. Malia as informacións que seguen a coñecerse, Antonio Rodríguez Miranda insistiu en que o seu partido "non ten nada que ver" co caso Gürtel e dixo non querer falar do que cualificou de "política-ficción".   
  
  Para Rodríguez Miranda, o asunto "ten o seu epicentro bastante lonxe dos límites xeográficos da comunidade". A ese respecto, e malia os vencellos que nesta mesma xornada se coñecían sobre a trama de financiamento ilegal, preguntou "cal é a interese da oposición en tratar de trasladar a Galiza" o debate.   
  
  Ao tempo, cargo contra o PsdeG e acusou os socialistas de tratar de "desviar a atención" sobre o caso da axente electoral e as "situacións que afloran no seu propio financiamento". Miranda convidou o líder do PsdeG, Manuel Vázquez, a "mirar moi cerca del" para ver "quen ten que responder por financiamento ilegal".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto