O partido considera que Ricardo Núñez e Carlos Fernández son militantes do PPdeG camuflados nas listas de TeGa.
O secretario xeral de Terra Galega (TeGa), Xermán Tobío Padín, remitiulles aos dous censores no concello de Láncara a súa carta de explusión do partido na que constata que "queda sobradamente probada a dobre militancia" de Ricardo Núñez Valcárcel e Carlos Fernández Díaz no PPdeG. O propio Núñez recoñecera que paga as súas cotas de militancia no Partido Popular.
TeGa asegra que quedou "probado" o "incumprimento deliberado" das resolucións aprobadas nos órganos estatutarios do partido, o que cualifica de "moi grave" no réxime disciplinario e sancionador de TeGa. Tobío considera que o de Láncara é un dos "casos máis graves de transfuguismo da democracia", onde "dúas persoas do PP 'cólanse' nas listas de Terra Galega para, cando o consideren oportuno, favorecer o seu partido".
TeGa exixiulle ao PPdeG unha reacción "ética e sa" e que expluse tamén os concelleiros do seu partido, "tal e como marcan os seus estatutos". Afirma que "o señor Feijoo debe utilizar este caso para amosar que quere limpeza no seu partido e non a este tipo de personaxes" que tentan "burlarse dos votantes e do sistema democrático".