 
 
A compostelá praza do Toural foi escenario dunha concentración contra as manobras do executivo para desmontar os centros de I+B.
Na Praza do Toural da capital galega, traballadores destes centros denunciaron que a "intención do Goberno do PP" é "empezar a desmontar os centros de I+B". "Un Goberno non pode desmantelar unha rede que dá servizos a aqueles colectivos máis desfavorecidos da sociedade, como a infancia, a adolescencia, mulleres maltratadas e a terceira idade", incidiu o secretario de Organización da CIG-Ensino.
   Respecto diso, e en declaracións a Europa Press, esixiu á secretaria xeral de Benestar e Igualdade, Susana López Abella, "que rectifique publicamente e coa mesma intensidade coa que acusou aos traballadores de I+B de ser enchufados e postos a dedo". Segundo asegurou, esta acusación é "totalmente falsa", polo que lle criticou que "mentise descaradamente" e o fixese, ademais, "en sede parlamentaria". "Todos os traballadores de Benestar dos centros I+B pasaron procesos selectivos e ademais están nunha situación precaria", asegurou, xa que, engadiu, "están con contratos temporais vinculados moitos deles a subvencións que terminan decembro".  
Duns "cento e pico" traballadores, os afectados son "unha pequena porcentaxe", indicou, pero matizou que "se se eliminan agora, o servizo queda claramente afectado". "E, en pouco tempo, o obxectivo sería desmantelalo por completo", agoirou.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto