 
Considera que o obxectivo debe ser que a lingua "non sexa un elemento de división e de confrontación" en Galiza.
 
											José Blanco
O ministro español de Fomento e vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, valorou este sábado a manifestación do pasado xoves contra o decreto do idioma na educación que prepara a Xunta, "na que se expresaron moitos cidadáns".    
  
Blanco, natural de Palas de Rei (A Ulloa), apostou por "buscar o equilibrio, o acordo e o consenso" co obxectivo de que a lingua "non sexa un elemento de división e de confrontación" en Galiza. 
  Logo de manifestar un "profundo respecto institucional" polo Goberno galego, Blanco incidiu en que "sempre" é "partidario do consenso e do entendemento", así como "de buscar puntos de encontro e de non utilizar un tema tan importante como son as linguas" no debate político. 
  "Debemos de estar moi orgullosos de ter dúas linguas que son o galego e o castelán, o castelán e o galego", recalcou o titular de Fomento, logo de asistir á presentación dun conxunto de mapas cartográficos sobre o Camiño de Santiago na capital do país. 
  En todo caso, reiterou o seu respecto polos "asuntos do Goberno de Galiza" e rexeitou pronunciarse "sobre o que ten que facer". "O único que desexo é que acerte, porque é positivo para Galiza que non exista confrontación arredor de algo que debe unirnos e que non debe separarnos", concluíu.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto