 
A esquerda abertzale ilegalizada conclúe o seu debate interno, que Aralar e Eusko Alkartasuna valoran positivamente.
 
											Imaxe da asemblea de Bizkaia
Tres meses despois de comezar, coa declaración de Altsasu, as bases da esquerda abertzale ilegalizada (Batasuna) remataron o seu debate interno a pasada fin de semana nas asembleas territoriais de Bizkaia, Araba, Gipuzkoa e Nafarroa, informan medios vascos. 
  Nestes conclaves ratificouse a resolución Zutik Euskal Herria, que reitera o seu "compromiso co uso de vías e medios exclusivamente políticos e democráticos" para o proceso democrático se desenvolver "en ausencia total de violencia e sen inxerencias". Ademais, avógase pola "acumulación de forzas". 
  
"Na boa dirección"
Pouco despois de se facer pública o avance das conclusións, este luns, Eusko Alkartasuna sinalou que son un paso "na dirección correcta". Coincidiu Aralar, que afirmou: "ese é o camiño e a dirección" en que se debe desenvolver a política.
Máis información:
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto