 
 
A oposición reprochoulle a Benigno López a súa escasa atención ao problema lingüístico e aos retrocesos na sanidade pública.
O Valedor do Pobo, Benigno López, compareceu este martes no Parlamento para dar o informe da súa actividade durante o ano 2009. Tal e como se agardaba, a oposición foi moi dura con López a quen lle botaron en cara certa pasividade na defensa do galego e da sanidade pública. 
Con respecto á cuestión lingüística, o deputado nacionalista Alfredo Suárez Canal acusou o Valedor de negar que haxa conflito lingüístico e subliñou que atende de xeito prioritario as queixas sobre o uso do castelán cando o galego é a lingua que está en perigo. Dende o Bloque tamén pediron que a oficina do Valedor faga unha reflexión sobre o aumento de tempo de espera na sanidade pública.
O socialista Franciscio Cerviño foi especialmente incisivo tamén no que respecta á sanidade pública. Dende o PSdeG tamén acusaron ao Valedor de “non dicir nada” respecto da rebaixa de recursos para os servizos sociais ou a desparación da gratuidade dos libros de texto. Con respecto á situación lingüística, Cerviño lembrou que a actitude do Goberno cara ao galego podía estar a vulnerar a lei.
No outro lado da balanza situouse o deputado conservador Agustín Baamonde. O ex rexedor de Vilalba pediu máis respecto para a figuar do Valedor. Dende o PPdeG aseguran que o informe de López avala que os cidadáns están máis satisfeitos coa xestión do novo goberno.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto