Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Milleiros de feridos

Un sismo deixa cando menos 400 mortos ao noroeste de China

O terremoto, que acadou 6,9 na escala Ritcher e destruíu o 90% das edificacións da capital da zona, afectoulle á zona chinesa de Qinghai e tamén ao Tíbet.

Redacción - 12:15 14/04/2010

Os datos de vítimas aumentan. Segundo as axencias, o número de mortos sobrepasa xa os 400 e que o de feridos se achega aos 10 mil. A isto hai que sumar as persoas que permanecen desaparecidas.

(08.30 horas)
A primeira hora da mañá deste mércores un forte movemento de terra na provincia chinesa de Qinghai, entre 6,9 e 7,1 na escala Ritcher segundo as primeiras informacións que chegan do lugar, afectoulle gravemente ás edificacións da zona, abranguendo tamén o sismo un área fronteiriza coa zona ocupada do Tíbet (de feito a propia zona de Qinghai é tamén reclamada polos tibetanos como parte do seu país, sendo de orixe tibetana arredor dun 20% da súa poboación). Na cidade de Jiegu, de aproximadamente 100 mil habitantes e sede do goberno local, arredor do 90% dos inmobles terían quedado destruídos. A última hora fornecida polos servizos de emerxencia locais a través da prensa chinesa fala dun mínimo de 300 mortos e 8 mil feridos, mais o elevado número de persoas que terían quedado atrapadas entre os cascallos podería incrementar esa cifra ao longo do día.


Última hora:


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: