 
 
"O Estatuto de Galiza será o Estatuto de Galiza e non o Estatut de Cataluña traducido ao galego", asegura.
 
											Xuntanza do Consello, esta quinta
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, cuestionado polos xornalistas logo do Consello de Goberno desta quinta feira, fixo referencia á sentenza do Tribunal Constitucional sobre o estatuto de autonomía catalán que se podería dar a coñecer nos próximos días.  
  O xefe do Executivo recordou que hai un "compromiso de lexislatura" que é "presentar un proxecto de Estatuto" para Galiza "constitucional", matizou. "Todas as sentenzas do Constitucional deben ser tidas en conta nos estatutos posteriores" a estas. 
  
"O que si lle podo asegurar é que o Estatuto de Galiza non será o Estatut de Cataluña traducido ao galego", afirmou Núñez Feijoo, que aclarou que "aquí non hai Estatut, aquí hai Estatuto".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto