 
Xa se poden ver en diferido algunhas das actuacións do festival do sábado, grazas á achega dalgúns asistentes.
 
											Ambiente do concerto, nun dos vídeos da actuación de Lamatumbá
As redes sociais e os blogs tardaron aínda algunhas horas en reflectir as súas impresións arredor do 'concertazo' organizado por Queremos Galego a prol da lingua. O festival, que tivo lugar o sábado pola noite en Pontevedra, e ao que asistiron máis de cinco mil persoas, quedou reflectido grazas a dous vídeos da actuación de Lamatumbá que publicou Pixelin no YouTube e a outro fragmento da intervención de Luar na Lubre publicado por Queremos2010.
A través deses testemuños videográficos pódese comprobar que o recinto pontevedrés quedou pequeno para a cantidade de público que acudiu ao espectáculo musical. Tamén é un xeito de que as persoas que non puideron asistir por algún motivo poidan, cando menos, facerse unha idea de como se sentiu ese momento.
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto