Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE DOMINGO

Cataluña volve reivindicar o seu dereito á autodeterminación cunha nova consulta sobre a independencia

Máis de 1,3 millóns de electores están chamados a votar en 211 municipios. Medio cento de observadores internacionais seguen a votación.

Redacción - 14:37 25/04/2010

Cataluña volve exercer o seu dereito á autodeterminación cun referendo sobre a independencia que se está a celebrar este domingo en 211 municipios. A esta consulta simbólica e reivindicativa están chamadas a votar 1,3 millóns de persoas. Esta é a vez que máis concellos e comarcas se teñen sumado á celebración da votación soberanista. Lleida é o municipio máis habitado de todos os que participan na consulta deste domingo.

Pola mañá xa votaron, entre outros, o presidente do Parlamento de Cataluña, Ernest Benach (ERC). Benach afirmou que era un fito histórico e un acto especial no camiño da construción da nación catalana.

CDC e ERC apoian activamente un referendo ao que incluso enviaron representantes. Iniciativa per Catalunya deulle liberdade aos seus militantes para participaren ou non no proceso.

Mais os promotores das consultas tamén lle están a dar moita importancia á repercusión internacional das mesmas. Nesta ocasión, até Cataluña achegáronse medio cento de observadores internacionais.

Poden facer un seguimento da consulta a través do xornal dixital Vilaweb que ofrece unha ampla cobertura da mesma.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: