 
 
Malia o desacordo sobre a frase do cartaz, o presidente catalán, José Montilla, encabezará con probabilidade a marcha.
 
											Representantes do Ómnium Cultural este martes en Barcelona
"O presidente da Generalitat, co Govern, as institucións, o Parlament e a Mesa do Parlament, ten que encabezar a manifestación, e quérea encabezar e cre que lle corresponde por dignidade nacional e institucional". Afirmábao este martes o conseller Joaquim Nadal ao respecto da presenza do presidente catalán, José Montilla, á fronte da manifestación que se celebrará en Cataluña o próximo sábado. 
  
  A plataforma Òmnium Cultural, organizadora oficial da marcha, decidiu finalmente que á fronte da manifestación haberá un cartaz co lema 'Som una nació. Nosaltres decidim'. Unha elección non pouco conflitiva xa que Montilla expresara a súa vontade de que esa cabeza da manifestación estivera decorada simplemente por unha bandeira catalá. "A única maneira de estar á fronte da manifestación é estar atrás da pancarta co lema", concluíu a presidenteda do Óminum, Muriel Casals, indicando que fora o punto de consenso de formacións políticas, sindicatos e outras entidades representadas na plataforma cultural.   
  
  Desde Ómnium sinalan ademais que nas primeiras xuntanzas ao respecto desta convocatoria, os representantes do PSC mostraran o seu acordo co lema finalmente elixido. Así e todo, a prensa estatal faise eco nos últimos días da presión exercida polo PSOE sobre o seu partido irmán en Cataluña para que afrouxe a súa belixerancia cara á sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut que motiva esta manifestación.   
  
  Recomendámoslles ampliar en: 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto