 
 
Rodríguez Zapatero adianta que pedira “novos esforzos” aos cidadáns con alta capacidade económica e pídelle ao líder do PP que apoie a iniciativa.
 
											O goberno español subirá os impostos ás rendas máis altas en 2011. Así o confirmou este mércores o presidente José Luís Rodríguez Zapatero, nunha resposta a unha pregunta do líder do PP, Mariano Rajoy.
Sen concretar máis, Zapatero adiantou que “a idea” é pedir “novos esforzos” aos cidadáns con alta capacidade económica nos Presupostos Xerais do Estado, en alusión a un probábel incremento do tramo do IRPF ou á creación dun novo imposto para “ricos”.
Pola súa parte, Rajoy reprochou ao presidente o recorte da súa política social coa rebaixa do salario dos funcionarios ou a supresión do 'cheque bebé' e acusouno de “falsidade”. En resposta, Zapatero lembrou que o executivo que preside aumentou o gasto social nun 50% dende que os socialistas chegasen á Moncloa. Ao tempo, pediulle o apoio ao líder popular para aprobar a iniciativa.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto